Inicio Carballo ao día Hemeroteca Silvia Muñiz é a segunda finalista...

CULTURA

Silvia Muñiz é a segunda finalista do Certame Galego de Dramatización de Monólogos Cómicos

Luns 23 de outubro do 2006

O Certame Galego de Dramatización de Monólogos Cómicos Outono de Teatro será unha das actividades a desenvolver a vindeira fin de semana do marco do Festival Internacional Outono de Teatro, xunto coa representación de dúas novas obras no Pazo da Cultura. O sábado 28 será o turno da compañía madrileña Arrieritos, coa obra 13 rosas. O domingo 29 serán os manchegos de Teatro de Malta os encargados de achegar o seu espectáculo Hazmereir. A venda de bonos, minibonos e entradas continúa no Pazo da Cultura en horario de 11,00 a 14,00 horas e de 18,00 a 20,00 horas, de luns a venres nas oficinas da concellería de Cultura. Os días de función, sábados e domingos, poderanse adquirir entradas de 19,00 a 21,00 horas na taquilla do Pazo da Cultura.

Compartir: