Inicio Carballo ao día Hemeroteca Carballo acollerá unha nova edición...

CONVOCATORIA

Carballo acollerá unha nova edición das Xornadas Técnicas e de Saúde Laboral

Xoves 19 de outubro do 2006

Durante as xornadas impartiranse charlas sobre Prevención de Riscos Profesionais e Primeiros Auxilios, tanto a nivel xeral como específico das distintas especialidades do Centro Municipal de Formación e da Escola Obradoiro do Concello de Carballo. Estas charlas serán impartidas por profesionais de Universal Prevención y Salud e a súa duración variará en función dos riscos específicos de cada especialidade. Nas xornadas participarán un total de 21 entidades e inclúen visitas a Aluminios Cortizo, en Padrón, Endesa, en As Pontes, Renault, en Valladolid e Roberto Verino, en Ourense. As xornadas celebraranse en horario de mañán desde o día 25, ás 11,00 horas, até o día 31, ás 14,00 horas.

Compartir: