Inicio Carballo ao día Hemeroteca A ‘Rúa dos Contos’ abrirá o FIOT o...

CULTURA

A ‘Rúa dos Contos’ abrirá o FIOT o vindeiro xoves

Luns 9 de outubro do 2006

A Rúa dos Contos contará nesta edición coas actuacións de Ricardo Barreiro, Cachuzo Teatro, Detour e Borja Fernández, entre outros. Tamén o venres, día 13, terá lugar o Teatro de Rúa, co desenvolvemento de diferentes espectáculos de variedades e teatro-circos nas prazas e rúas de Carballo. O programa do FIOT para a primeira fin de semana inclúe as representacións de Imperial: Café Cantante Vigo 1936, a cargo de Teatro do Noroeste o 14 de outubro, e Entrañas, a cargo de Titziana Teatre o domingo 15. Ademáis, o sábado terá lugar no Pazo da Cultura unha Recepción á Asociación de Directores de Escena de España.

Venda de entradas

Continúa a venda de bonos, minibonos e entradas para acudir ás representacións do FIOT, polo que todavía se poden adquirir os bonos, os minibonos A e B (sendo este último o máis demandado) e entradas que, no caso dalgunha función, xa están case todas as localidades vendidas. A venda de localidades realizarase até o mércores 13 no Museo de Bergantiños e desde o xoves 14 no Pazo da Cultura.

Compartir: