Inicio Carballo ao día Avisos Subvencións para a contratación de...

Subvencións para a contratación de persoas desempregadas do Programa Empleaverde

Luns 13 de maio do 2019

Normativa
Resolución de 12 de abril de 2019, de la Secretaría de Estado de Medio Ambiente, por la que se publican las bases reguladoras de la concesión de subvenciones, en régimen de concurrencia competitiva, para la contratación de personas desempleadas del Programa empleaverde cofinanciado por el Fondo Social Europeo (FSE) en el marco del Programa Operativo Empleo, Formación y Educación 2014-2020 (BOE nº 107 do 4/5/2019)Convocatoria BT19.pdf   |  Extracto (BOE nº 111 do 9/5/2019)

Obxecto
Subvencións para a contratación de persoas desempregadas a tempo completo por un período mínimo de 6 meses en entidades que estean vinculadas directa ou indirectamente coa economía verde e/ou azul ou entidades que, non estando vinculadas, xeren emprego que contribúa a unha liña de negocio sustentable ou á xestión dunha mellora ambiental na entidade.

Beneficiarias
Persoas xurídicas privadas con ou sen ánimo de lucro legalmente constituídas, debidamente inscritas no rexistro correspondente, con personalidade xurídica propia e sede en España.

Colectivos prioritarios

  • Mulleres
  • Mozas/os ata 35 anos ou maiores de 45 anos.
  • Persoas inmigrantes
  • Persoas con discapacidade
  • Residentes en zonas protexidas e/ou zonas rurais.
Contía
O importe solicitado pola entidade beneficiaria para cada persoa contratada será de 3 veces o SMI vixente no momento da publicación da convocatoria. Esta cantidade verase incrementada en 500€ naqueles casos en que a persoa contratada pertenza a algún/ s dos colectivos prioritarios.

Prazo para presentar solicitudes
Comezará aos 6 meses da publicación da convocatoria e finalizará o día 17 de febreiro de 2020 ata as 14:00 horas (hora peninsular), nos termos e condicións especificados nas bases reguladoras.

Máis información
www.fundacion-biodiversidad.es

Compartir: