Inicio Carballo ao día Avisos Infórmate sobre o programa de...

Infórmate sobre o programa de adopcións especiais da Fundación Meniños

Sábado 4 de maio do 2019

A Fundación Meniños busca familias dispostas a ofrecerlle a un neno, nena ou adolescente un ambiente familiar estable e seguro. Ofrecen ás familias información, formación, orientación, acompañamento e apoio técnico durante todo o proceso.

O programa de adopcións especiais ten como finalidade o desenvolvemento de adopcións de nenos, nenas e adolescentes que, por presentar necesidades especiais, teñen unha maior dificultade para atopar unha familia (por exemplo, adolescentes, grupos de tres ou máis irmáns e/ou irmás, nenos ou nenas con discapacidade ou enfermidade, ou calquera outra característica que poda dificultar a adopción). A adopción supón a plena integración do neno, nena ou adolescente na familia.

INFÓRMATE: 981 26 99 55

Compartir: