Financiamento das cotas á Seguridade Social de coidadores non profesionais
Mércores 3 de abril do 2019
O 1 de abril entrou en vigor a medida aprobada polo Real Decreto-lei 6/2019, de 1 de marzo, de medidas urxentes para garantía da igualdade de trato e de oportunidades entre mulleres e homes no emprego e a ocupación, pola que se recupera o financiamento por parte da Administración Xeral do Estado das cotas á Seguridade Social derivadas dos convenios especiais que poidan subscribir as persoas coidadoras non profesionais das persoas en situación de dependencia.
Iso supón que, no marco do recoñecemento dunha prestación económica (libranza) para coidados na contorna familiar, as persoas que acrediten a condición de coidador non profesional e cumpran as condicións establecidas para asinar o correspondente convenio especial, poderán subscribilo sen que iso lles supoña custo algún, xa que será a Administración Xeral do Estado (AGE) -a través do Imserso-, quen asuma o custo das devanditas cotas.Se ten a condición de persoa coidadora non profesional pódense presentar tres posibilidades para poder beneficiarse desta medida:
- Se a esta data xa ten subscrito este convenio especial, a AGE farase cargo das mesmas, de tal forma que non lle supoñerá xa custo algún.
- Se a esa data non ten subscrito este convenio especial, pero xa existe unha prestación económica para coidados na contorna familiar recoñecida, pode subscribir o convenio especial no prazo de 90 días desde a data do 1 de abril de 2019, de tal modo que o convenio surtirá efectos desde esa data; se solicita a subscrición do convenio unha vez esgotado ese prazo de 90 días, os efectos do convenio fixaranse na data de solicitude do mesmo. En todo caso, a subscrición do convenio non supoñerá ningún custo para a persoa coidadora non profesional.
- Se o recoñecemento da prestación económica para coidados na contorna familiar se produce con posterioridade á data do 1 de abril, o convenio surtirá efectos desde a data de recoñecemento da prestación a condición de que solicite a súa firma dentro do prazo dos 90 días posteriores ao recoñecemento da prestación. Se por contra solicita o convenio pasado ese prazo, os efectos do mesmo produciranse desde a solicitude do convenio, sen que en ningún momento supoña custo algún para a persoa subscritora.
- Resolución da prestación económica de dependencia.
- DNI da persoa en situación de dependencia.
- DNI da persoa coidadora non profesional.