Inicio Carballo ao día Hemeroteca Aprobado o Regulamento de Participación...

SESIÓN PLENARIA

Aprobado o Regulamento de Participación Cidadá

Martes 28 de marzo do 2006

O Regulamento inclúe, como principal novidade, a creación da figura do Conselleiro Parroquial e o Consello Parroquial, o órgano donde os veciños poderán participar da vida política da localidade. Co novo texto preténdese establecer as formas, os medios e os procedementos de información e de participación tanto dos veciños como das entidades e asociacións na xestión municipal de Carballo. Entre os seus obxectivos fundamentais está o de crear unha serie de órganos e de mecanismos que garantan a información dos cidadáns. Ademáis, na sesión plenaria aprobouse o Estatuto do Padroado Deportivo Municipal, as tarifas medias vixentes dos servizos de Auga Potable e Depuración de Augas Residuais e Canon de Acuagest e deuse conta de redacción correspondente ao ano 2005.

Compartir: