Inicio Carballo ao día Hemeroteca A Corporación Municipal debatirá o...

SESIÓN PLENARIA

A Corporación Municipal debatirá o luns o Regulamento de Participación Cidadá

Xoves 23 de marzo do 2006

O Regulamento de Participación Cidadá foi debatido na última Comisión Informativa de de Acción Social, Participación e Persoal, ao igual que o Estatuto do Padroado Deportivo Municipal, do que tamén irá a pleno a súa aprobación. Outros asuntos que están incluidos na orde do día son a conta de redacción correspondente ao ano 2005 e as tarifas medias vixentes dos servizos de Auga Potable e Depuración de Augas Residuais e Canon de Acuagest, asuntos levados onte á Comisión Informativa de Asuntos Económicos e Especial de Contas. Na Comisión Informativa de Urbanismo, o concelleiro delegado da área presentou un informe sobre o estado dos traballos de revisión do Plan Xeral de Ordenación Municipal, asunto sobre o que a oposición presentará unha moción na sesión plenaria do vindeiro luns.

Compartir: