Inicio Carballo ao día Hemeroteca O Concello conmemora o Día Internacional...

MULLER

O Concello conmemora o Día Internacional da Muller

Xoves 23 de marzo do 2006

Desde as 10,00 horas, un bus violeta permanece estacionado na Praza do Concello ata as 20,00 horas. Trátase dun espazo de divulgación, concienciación e información a través de diverso material, como folletos ou proxección de vídeos. Entre as 17,30 horas e as 18,30 horas, haberá un pasarrúas a cargo do grupo Pistacatro, polas rúas próximas ao bus, co obxectivo de captar a atención dos viandantes para que se acheguen ao vehículo. O alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, e a concelleira de Muller, Dores Silveira, visitaron o bus ao longo da mañán.

Actividades no Pazo da Cultura

Dende as 16,30 horas ata as 19,30 horas, o Pazo da Cultura acolle a celebración dun obradoiro sobre habilidades sociais e asertividade. A partir das 19,30 horas, Rosa Cobo falará nunha conferencia dos traballos das mulleres. Rosa Cobo é doctora en Ciencias Políticas e Socioloxía e profesora titular da Universidade da Coruña. Está confirmada a asistencia ao acto da Secretaria Xeral de Igualadade, Carme Adán.

Compartir: