Inicio Carballo ao día Hemeroteca O Concello participa do programa da...

CULTURA

O Concello participa do programa da Deputación ‘Vivir o Mundo’

Venres 17 de marzo do 2006

Os interesados poden recoller as solicitudes de inscrición no Concello de Carballo, en horario de mañán, e poderán presentar as mesmas desde o luns 20 de marzo ata o venres 7 de abril. No caso de haber máis solicitantes que prazas, celebrarase un sorteo público o 8 de abril, ás 12,00 horas, na Sala de Xuntas.Unha vez que o concello confirme a obtención da praza, deberase realizar o ingreso da cantidade de 85 euros, na conta que no seu momento se sinale. Durante a estadía en Roma, que en todo momento estará guiada por monitores especializados e guías locais, os participantes coñecerán in situ ligares como o Campidoglio, os Foros, o Colosseo, a Piazza Campo dei Fiori, Piazza Navona, Piazza del Popolo, Vaticano... Complementariamente realizaranse actividades culturais e visitas a outros monumentos e lugares de interese histórico-artístico. Todas as actividades incluidas no programa non suporán desembolso ningún para os participantes agás a cota previa sinalada na ficha de inscrición.

Compartir: