Inicio Carballo ao día Hemeroteca Carballo acolle un novo Campionato Galego de...

DEPORTE

Carballo acolle un novo Campionato Galego de Salvamento Acuático

Mércores 1 de marzo do 2006

A competición conta con seis probas individuais e catro por equipos, nas categorías xuvenil, junior e senior. O Campionato Galego ábrese o sábado, 4 de marzo, cunha xornada de tarde a partir das 16,00 horas. O domingo, 5 de marzo, haberá dobre xornada: Ás 10,00 horas pola mañán e ás 17,00 horas pola tarde. O coordinador de actividades do club SYSCA de Carballo, Suso Serrano, confía en "conseguir o campeonato senior, xa que nas outras dúas modalidades contamos con moitas baixas. Esperemos que, coma sempre, o campionato sexa un éxito a nivel organizativo". O alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, engadiu que "estamos encantados de que Carballo sexa o escenario dun novo campionato galego e de colaborar con entidades como SYSCA. Confiemos en que os participantes podan facer as mellores marcas, pero que tamén estén o mellor posible no noso concello, co desexo de seguir realizando probas deste tipo nun futuro". O Campionato Galego de Salvamento Acuático Deportivo en Augas Pechadas está organizado polo club SYSCA, Concello de Carballo, Padroado Deportivo Municipal e a Federación Galega de Salvamento.

Compartir: