Inicio Carballo ao día Hemeroteca Rematou o prazo para inscribirse na...

PROGRAMACIÓN DEPORTIVA

Rematou o prazo para inscribirse na Campaña de Esquí

Venres 24 de febreiro do 2006

A Campaña de Esquí desenvolverase, no caso dos rapaces de Carballo, entre o 11 e o 18 de marzo. As idades dos rapaces participantes son para os que naceron entre o dez de marzo de 1992 e o 11 de marzo de 1996, e é imprescindible que sexan veciños do Concello de Carballo. Os rapaces que sexan admitidos terán que aboar 85 euros como cota de participación. Neste caso, os rapaces que non fosen admitidos quedarán en lista de espera por se se concedese algunha praza máis.

Compartir: