Inicio Carballo ao día Hemeroteca A Deputación provincial da luz verde ao...

SESIÓN PLENARIA

A Deputación provincial da luz verde ao Plan de Obras e Servicios

Xoves 23 de febreiro do 2006

As obras que se desenvolverán en Carballo, logo da aprobación do Plan de Obras e Servizos da Deputación provincial, serán as seguintes:

  • Ordenación e urbanización de Plaza municipal de Bértoa. Inclúe melloras de pavimentación, rede de rego, rede de pluviais, rede de alumneado público, xardinería e mobiliario urbano. O importe total de mellora ascende a 251.381,14 euros.
  • Beirarrúas en Oza. As obras a realizar consisten en beirarrúa, afirmado e capa de rodadura e se acometerán na marxe dereita da estrada Carballo-Razo. O importe total da actuación ascende aos 87.167,97 euros.
  • Urbanización en Constenla e Casadelas. En Castenda a actuación consistiría en explanar un camiño de comunicación entre pistas asfaltadas que comunica varias vivendas, sendo o seu estado actual en terra e unha rasante moi irregular. O acceso a Casadela presenta unha curva moi pechada e perigosa sen cuneta e a situación dun muro de mampostería na zona da estrada que debería ocupar a cuneta. A obra recolle a demolición dun muro, o seu retranqueo e a posterior construcción. Tamén inclúese o condicionamento do lavadero no río Lavar e no seu entorno. O importe total da mellora é de 66.021,78 euros.
  • Afirmados camiños en Barreiros e Xoane. As obras recollen o afirmado do camiño dos Barreiros a Goiáns de Arriba, Camino de Xoane a Estrada a Escola e Pista de Ponte das Tablas a Escola. O importe total da mellora ascende aos 55.803,69 euros.
  • Afirmado de camiño de San Sadurniño a Cornaces. A mellora require tamén a limpeza das cunetas xa esistentes en toda a lonxitude do camiño. O importe total é de 59.469,71 euros.
  • Afirmado de camiños en Cobas e Reboredo. Inlúe actuacións no Camiño de Troián a Reboredo, do Camiño en Cobas e Camiño da Praza ao Campo de Fútbol. O importe total da mellora estímase en 60.955,08 euros.
  • Afirmado de camiño en Ponte Guntián. A mellora require tamén a limpeza das cunetas xa esistentes en toda a lonxitude do camiño. O importe total é de 39.046,10 euros.
  • Afirmado de camiño en Rus. A mellora require tamén a limpeza das cunetas xa esistentes en toda a lonxitude do camiño. O importe total é de 79.526,93 euros.
  • Afirmado de camiños en Razo. A obra inclúe actuacións na Pista de Venres a Rodo e no Camiño de Fonte Arnados ao Cemiterio. O importe total da mellora ascende a 64.645,62 euros.

Compartir: