Inicio Carballo ao día Hemeroteca A Comisión Especial de Seguridade...

SEGURIDADE

A Comisión Especial de Seguridade Cidadán analizou o incendio da Estación de Autobuses

Martes 21 de febreiro do 2006

A Comisión Especial de Seguridade Cidadán acordou continuar con esta rolda de encontros, de cara a configurar actuacións preventivas. A Asociación Antidroga Vieiro asistirá á vindeira xuntanza da Comisión, que pretende tamén manter un encontro, a principios de maio, cos directores dos Centros de Secundaria. Un dos asuntos a abordar no mesmo sería o absentismo escolar. A xuntanza do luns prolongouse por espazo dunha hora e acudiron Evencio Ferrero, en calidade de presidente, Constantino Vázquez, Sarxento da Policía Local, o concelleiro delegado de Persoal, Réxime Interior, Policía, Tráfico, Seguridade e Protección Civil, Ramón Eirís, e os portavoces do BNG, Lois Lamas, PSOE, José Antonio Viña, e PP, Juan Carlos Castro.

Compartir: