Inicio Carballo ao día Hemeroteca Conclúe o prazo para inscribirse na...

PROGRAMACIÓN DEPORTIVA

Conclúe o prazo para inscribirse na Campaña de Esquí

Martes 21 de febreiro do 2006

No caso de ter máis solicitudes que o número de prazas concedidas polo Deputación (17), farase un sorteo público ante o secretario do Concello, que terá lugar o día 3 de marzo ás 13,30 horas na Casa do Concello de Carballo. A actividade desenvolverase, no caso dos rapaces de Carballo, entre o 11 e o 18 de marzo. As idades dos rapaces participantes son para os que naceron entre o dez de marzo de 1992 e o 11 de marzo de 1996, e é imprescindible que sexan veciños do Concello de Carballo. Os rapaces que sexan admitidos terán que aboar 85 euros como cota de participación. Neste caso, os rapaces que non fosen admitidos quedarán en lista de espera por se se concedese algunha praza máis.

Compartir: