Convocatoria de 3 prazas de oficial de emerxencias. Persoal funcionario de carreira
Publicadas no Boletín Oficial da Provincia de A Coruña núm. 231 de 04/12/2023 as Bases Xerais e Bases Específicas que regularán a Convocatoria pública e o proceso selectivo para a cobertura en propiedade por persoal funcionario de carreira, en quenda libre, de tres (3) prazas de Oficial de Emerxencias (grupo C, subgrupo C1), da escala de Administración Especial, subescala Servizos Especiais, clase Cometidos Especiais, incluídas na OEP 2022 ordinaria do Concello de Carballo.
Publicado anuncio da convocatoria no DOG Núm. 65 do 03/04/2024.
Publicado anuncio da convocatoria no BOE Núm. 87 do 09/04/2024.
De conformidade co disposto na base sexta das bases reguladoras da convocatoria, o prazo de presentación de instancias será de VINTE (20) DÍAS HÁBILES contados a partir do seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial do Estado (BOE).
Polo tanto, o prazo de presentación de instancias empezará o DÍA 10/04/2024 e rematará o DÍA 8/05/2024, AMBOS INCLUÍDOS.
ATENCIÓN: Calquera solicitude presentada ANTES ou DESPOIS do prazo antedito considerase FÓRA DE PRAZO, polo que non será admitida para a participación no proceso selectivo.
As persoas excluídas, así como as omitidas na relación provisional de admitidos e excluídos, disporán dun prazo de DEZ (10) DÍAS HÁBILES, contados a partir do seguinte ao da publicación das listaxes provisionais no Boletín Oficial da Provincia de A Coruña, para poder emendar, de ser o caso, os defectos que motivasen a súa exclusión ou a súa omisión da lista de persoas admitidas.BOP da Coruña núm. 179 do 18 de setembro de 2024. Polo que, o prazo de emendas será DESDE O 19/09/2024 ATA O 02/10/2024, ambos incluídos.
Os/as aspirantes que dentro do prazo sinalado non emendasen a exclusión ou non alegasen a omisión, xustificando o seu dereito a seren incluídos na relación de admitidos/as, serán definitivamente excluídos/as do proceso selectivo. De non presentaren reclamacións dentro deste prazo, a lista provisional de admitidos e excluídos elevarase a definitiva."
Listaxe definitiva
Publicada a listaxe definitiva de persoas admitidas e excluídas e nomeamento do tribunal cualificador do proceso selectivo para a cobertura por persoal funcionario de carreira, en quenda libre e mediante o sistema de concurso-oposición, de TRES (3) PRAZAS DE OFICIAIS DE EMERXENCIAS incluídas na OEP 2022 Ordinaria do Concello de Carballo. BOP da Coruña núm. 19 do 29 de xaneiro de 2025.
Convócase a todos os membros do tribunal para a SESIÓN CONSTITUTIVA E DE BAREMACIÓN DE MÉRITOS da fase de concurso que terá lugar o 30 DE XANEIRO DO 2025 ÁS 9.30 HORAS na sala de xuntas da casa do concello de Carballo.
Convócase ás persoas aspirantes para a realización do PRIMEIRO EXERCICIO da fase de oposición, PROBAS FÍSICAS, que terá lugar o 12 DE FEBREIRO DO 2025 ÁS 10.00 HORAS na pista do Chorís, sita na Avenida de Bergantiños.
De acordo coa valoración, segundo as bases reguladoras deste proceso selectivo, os resultados da baremación de méritos da fase de concurso son os que se indican no ANEXO.
Segundo a Base DÉCIMA da convocatoria, os aspirantes disporán dun prazo de CINCO (5) DÍAS HÁBILES contados a partir do día seguinte ao da publicación, no taboleiro de anuncios da sede electrónica do Concello de Carballo, da cualificación da fase de concurso para formular as alegacións que consideren oportunas.Polo que, o prazo de formulación de alegacións é desde o DÍA 03/02/2025 e rematará o DÍA 07/02/2025, ambos INCLUÍDOS.
O tribunal recorda que, segundo a Resolución da Alcaldía núm. 203/2025 do 23/01/2025 (BOP núm. 19 do 29/01/2025), as persoas aspirantes foron convocadas para a realización do PRIMEIRO EXERCICIO da fase de oposición, PROBAS FÍSICAS, o vindeiro 12 de febreiro ás 10.00 horas na Pista do Chorís, sita na Avenida de Bergantiños do Concello de Carballo.
BAREMACIÓN PROBAS FÍSICAS
De acordo coa valoración, segundo as bases reguladoras deste proceso selectivo, os resultados do PRIMEIRO EXERCICIO da fase de oposición, PROBAS FÍSICAS, cualificación da persoa aspirante como APTA ou NON APTA, son os que se indican de seguido no ANEXO, no apartado correspondente.
Segundo as bases da convocatoria, os aspirantes disporán dun prazo de CINCO (5) DÍAS HÁBILES contados a partir do día seguinte ao da publicación, no taboleiro de anuncios da sede electrónica do Concello de Carballo, da cualificación do primeiro exercicio da fase de oposición, PROBAS FÍSICAS, para formular as alegacións que consideren oportunas. Polo que o prazo de formulación de alegacións é desde o DÍA 17/02/2025 e rematará o DÍA 21/02/2025, ambos INCLUÍDOS.
RESOLUCIÓN DE ALEGACIONS. BAREMACIÓN DA FASE DE CONCURSO
De acordo coa valoración, segundo as bases reguladoras deste proceso selectivo, unha vez resoltas as alegacións, o tribunal acorda publicar os resultados DEFINITIVOS da baremación de méritos da fase de concurso que son os que de seguido se indican no ANEXO.
A resolución das reclamacións presentadas será notificada individualizadamente ás persoas aspirantes que as teñan formulado.
O tribunal acorda convocar ás persoas aspirantes para a realización do segundo exercicio da fase de oposición, PROBA TIPO TEST, o vindeiro 5 de marzo ás 11.30 horas no EDIFICIO FORUM (Praza dos Bombeiros Voluntarios, s/n, 15100 Carballo, A Coruña).