Inicio Centro de atención cidadá Convocatorias Convocatoria de 3 prazas de subalterno-conserxe....

Convocatoria de 3 prazas de subalterno-conserxe. Persoal funcionario de carreira

Publicadas no Boletín Oficial da Provincia de A Coruña núm. 231 de 04/12/2023 as bases xerais e bases específicas que regularán a convocatoria pública e o proceso selectivo para a cobertura en propiedade por persoal funcionario de carreira, en quenda libre, de tres (3) prazas de subalterno-conserxe (AP), da escala de Administración Xeral, subescala Subalternos, incluídas na OEP 2022 ordinaria do Concello de Carballo.

De conformidade co disposto na base sexta das bases reguladoras da convocatoria, o prazo de presentación de instancias será de VINTE (20) DÍAS HÁBILES contados a partir do seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial do Estado (BOE).

IMPORTANTE: Calquera solicitude presentada ANTES ou DESPOIS do prazo antedito considerase FORA DE PRAZO polo que non será admitida para a participación no proceso selectivo.

Descargas

Compartir: