Proceso selectivo de coordinador/a de instalacións deportivas
Aprobación da listaxe definitiva de persoas admitidas e excluídas e nomeamento do tribunal cualificador do proceso selectivo para a cobertura, en quenda libre, mediante o sistema de concurso, dunha (1) praza de funcionario de carreira no posto de coordinador de instalacións deportivas incluída na OEP 2022 Extraordinaria ou de Estabilización do Concello de Carballo.
BOP da Coruña núm. 212 do 7 de novembro de 2023
Convocar a todos os membros do tribunal para a sesión constitutiva e de baremación de méritos que terá lugar o martes 14 de novembro do 2023 ás 11.00 horas na sala de xuntas sita na planta 2ª da casa do concello de Carballo.
De conformidade co disposto na base sexta das bases reguladoras da convocatoria, o Tribunal do proceso selectivo acorda convocar aos aspirantes que non teñen presentado o título CELGA 4 ou equivalente para a realización da PROBA DE COÑECEMENTO DA LINGUA GALEGA que terá lugar o vindeiro LUNS 11 DE DECEMBRO ás 12.00 horas na SALA DE XUNTAS, sita na segunda planta da Casa do Concello de Carballo (Praza do Concello, s/n, Carballo).