Inicio Centro de atención cidadá Convocatorias Proceso selectivo de 10 prazas de monitor/a...

Proceso selectivo de 10 prazas de monitor/a socorrista (OEP 2022 Extraordinaria)

Aprobación da Listaxe Definitiva de persoas admitidas e excluídas e nomeamento do tribunal cualificador do proceso selectivo para a cobertura, en quenda libre, mediante o sistema de concurso, de dez (10) prazas de persoal laboral fixo no posto de Monitor Socorrista incluída na OEP 2022 Extraordinaria ou de Estabilización do Concello de Carballo

BOP da Coruña núm. 212 do 7 de novembro de 2023

Convocar a todos os membros do tribunal para a sesión constitutiva e de baremación de méritos que terá lugar o martes 14 de novembro do 2023 ás 13.00 horas na sala de xuntas sita na planta 2ª da casa do concello de Carballo.

De conformidade co disposto na base sexta das bases reguladoras da convocatoria, o Tribunal do proceso selectivo acorda convocar aos aspirantes que non teñen presentado o título CELGA 3 ou equivalente para a realización da PROBA DE COÑECEMENTO DA LINGUA GALEGA que terá lugar o vindeiro LUNS 11 DE DECEMBRO ás 11.00 horas na SALA DE XUNTAS, sita na segunda planta da Casa do Concello de Carballo (Praza do Concello, s/n, Carballo).

Descargas

Compartir: