Inicio Centro de atención cidadá Convocatorias Convocatoria de praza de docente para a...

Convocatoria de praza de docente para a acción formativa "Soldadura oxigás e soldadura MIG/MAG"

O Concello de Carballo convoca unha praza de docente para impartir a especialidade de Soldadura oxigás e soldadura MIG/MAG, correspondente ao plan formativo para o emprego da comunidade autónoma de Galicia para o período 2022-2023 (2ª convocatoria). 

O prazo de presentación de instancias é de 5 días hábiles a contar dende o seguinte a esta publicación, é dicir, do 10 ao 16 de marzo de 2023, ámbolos dous incluídos.

Tanto as bases coma a publicación da convocatoria do BOP están dispoñibles tamén na sede electrónica do Concello de Carballo.

Con data 15 de marzo faise pública unha corrección de erro detectado no decreto núm. 605/202 de 03/03/2023.

O 23 de marzo publícase a listaxe definitiva de admitidos e excluídos, xunto coa data da valoración de méritos, que se realizará o 28 de marzo, ás 10.00 horas, na sala de xuntas do Concello de Carballo.

O 29 de marzo fanse públicas as puntuacións da fase de concurso.

O 11 de abril publícase a resolución de alegacións ás puntuacións da fase de concurso. Os aspirantes quedan citados para a realización do primeiro exercicio da fase de oposición o mércores día 12 de abril de 2023 ás 10.00 horas na sala de xuntas da casa do concello. O aspirante que non ten acreditado o nivel de lingua galega (CELGA 3 ou equivalente) fica convocado para a realización do segundo exercicio da fase de oposición o mesmo día, 12 de abril de 2023, ás 11,00 horas.

O 13 de abril faise pública a acta número 3 do tribunal cualificador así coma o cadro de respostas correctas da proba tipo test. Ábrese un prazo de tres días hábiles para a presentación de alegacións a esta parte do proceso, e, de non formularse alegacións, elevar a proposta de puntuacións, contratación e listaxe de reserva a definitiva.


Descargas

Compartir: