Cultura

Cultura

- 2024 +
- Abril +
L
M
M
X
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
14
15
16
17
18
 
 
 
 
 


[Pazo da Cultura]
Rúa do Pan, s/n 
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 300 
Fax: 981 704 302
cultura@carballo.gal

Francisco Rodríguez presenta "Unha etapa estelar e conflitiva de Galiza"

Xoves 24 de marzo do 2022 20.00 horas - Biblioteca Rego da Balsa

O xoves 24 de marzo ás 20.00 horas presentaremos na Biblioteca Rego da Balsa a obra de Francisco RodríguezUnha etapa estelar e conflitiva de Galiza (a segunda metade do século XIV), editado pola Asociación Socio-Pedagóxica Galega (AS-PG) coa colaboración da Fundación Galiza Sempre.

Trátase do volume I dunha obra, A relevancia do reino medieval galego, que, ao longo de 544 páxinas e nunha coidadísima edición, percorre a etapa medieval de normalidade e esplendor do reino de Galiza, e a crise da segunda metade do século XIV.

Feito con vontade de deitar luz sobre o noso pasado medieval e as deformacións e ocultacións que sobre ese período se teñen producido, o libro nace tamén da necesidade de colaborar ao coñecemento sobre a nosa historia, aspecto no que a entidade editora conta con experiencia dabondo.

No acto, o autor estará acompañado polo historiador Xan Fraga.

Compartir: