Inicio Carballo ao día Axenda "Orella Pendella",...

"Orella Pendella", obradoiro-espectáculo de cancións e recitados infantís con Migallas

Mércores 7 de xuño do 2017 18 e 19.30 h - Pazo da Cultura Lingua

As familias con bebés de 0 a 4 anos teñen unha cita o mércores 7 de xuño con "Orella Pendella", un obradoiro-espectáculo de cancións e recitados infantís que celebraremos no salón de actos do Pazo da Cultura. Bea Campos e Davide González, de Migallas Teatro, ensinarán de maneira práctica e divertida ditos, recitados e cancións infantís para xogar en familia, a partir do traballo recollido en www.orellapendella.org.

Poden participar un máximo de 25 familias por orde de inscrición. As interesadas poden anotarse a partir do día 31 de maio no Servizo de Normalización Lingüística ou no enderezo electrónico nelvidal@carballo.gal.

Organiza: Servizo de Normalización Lingüística

Compartir:


- 2025 +
- Maio +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
25
26
27
28
29
30
31