Inicio Carballo ao día Axenda Exposición e programa de radio "O...

Exposición e programa de radio "O mundo que queremos" con alumnado do IES Parga Pondal

Xoves 1 de xuño do 2017 17 h - Biblioteca Rego da Balsa Cultura

O alumnado de Valores Éticos de 3º curso do IES Isidro Parga Pondal está a traballar este curso nun proxecto denominado "O mundo que queremos", no que colaboran varias oenegés.

A iniciativa incluíu dous obradoiros: un de radio, centrado nos conflitos, a violencia e a paz, e outro de fotografía sobre medio ambiente. Todas as imaxes, nas que os mozos e mozas tentan reflectir o que lles gusta e o que non lles gusta da súa contorna, xunto con fotografías de Antonio Fernández e Marcos Rodríguez, forman parte da exposición que será inaugurada o xoves 1 de xuño, ás 17 horas, na Biblioteca Rego da Balsa. Así mesmo, de 17 a 18 horas, realizarán un programa de radio no que explicarán o desenvolvemento do proxecto e contarán con convidados, música e participación do público.

Compartir:


- 2024 +
- Maio +
L
M
M
X
V
S
D