Inicio Carballo ao día Axenda Exposición "En familia, por...

Exposición "En familia, por dereito", da Cruz Vermella

Do luns 17 de abril ata o xoves 4 de maio do 2017 L-V 10.30 a 20.30 horas / S 10 a 13 - Biblioteca Rego da Balsa Cultura

Dende o 17 de abril ata o 4 de maio estará aberta na Biblioteca Rego da Balsa a exposición "En familia, por dereito", unha iniciativa da Cruz Vermella que amosa, a través de 8 paneis informativos, as experiencias de familias acolledoras e de persoas que foron acollidas no pasado. O obxectivo é sensibilizar á poboación sobre a importancia de preservar os dereitos dos nenos e as nenas, en especial o dereito a vivir nunha familia e todo o que iso leva aparellado, como o dereito a medrar nun ambiente de afecto e seguridade moral e material.

O acollemento familiar é un programa da Xunta de Galicia que desenvolve Cruz Vermella, e representa unha forma de coidado alternativo que prevé o Sistema de Protección á Infancia, baseado na solidariedade da cidadanía, e que permite que os nenos e as nenas que están separados dos seus proxenitores poidan medrar nun ambiente familiar estable durante un tempo determinado.

Ligazóns

Compartir:


- 2024 +
- Novembro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
27
28
29
30