Inicio Carballo ao día Axenda Campaña de control da tensión...

Campaña de control da tensión arterial e a glicosa en sangue

Xoves 27 de marzo do 2025 10.00 a 13.30 horas - Fórum Carballo Benestar

Continúa a campaña Mantén a tensión baixo control, que consiste na realización de controis de tensión arterial e da glicosa en sangue por parte das alumnas do curso de atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais que se imparte no Fórum Carballo. As persoas que queiran participar só terán que achegarse ata o complexo municipal situado na Praza dos Bombeiros Voluntarios, no barrio da Milagrosa, entre as 10.00 e as 13.30 horas. No caso de bo tempo, a campaña realizarase na praza, e no caso de choiva, no interior do Fórum.

Ás persoas participantes faráselles entrega dun caderno que inclúe información práctica sobre a hipertensión e a diabetes, así como espazo para que poidan anotar os resultados dos controis que vaian facendo ao longo de todo o ano.

A campaña continuará o domingo 30 de marzo, coincidindo co feirón, na Praza do Concello.

Compartir:


- 2025 +
- Maio +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
25
26
27
28
29
30
31