Concurso e desfile de disfraces, comparsas e carrozas de Entroido
Domingo 2 de marzo do 2025 18.00 horas - Praza do Concello Cultura

A Praza do Concello de Carballo acolle o Concurso e desfile de disfraces, comparsas e carrozas que reparte máis de 10.000 euros. Presentado pola actriz Isabel Risco, comeza ás 18.00 horas e durante o baile posterior, ás 20.30 horas co Grupo La Bamba, farase a entrega dos premios.
Dos dez mil euros que repartirá o concurso, máis de 4.500 están destinados a gratificacións para premiar a participación na actividade. Os importes ascenden a 125€ para as comparsas infantís e a 125€ para as comparsas de adultos de menos de 25 membros, a 200€ para as de máis de 25 membros, e os xa mencionados 300€ para as carrozas. Concederanse un máximo de 20 gratificacións para os 20 primeiros inscritos. Ademais, está previsto repartir ata 17 premios e ata 1.000 euros en accésits.
- Inscrición para o concurso de comparsas e carrozas ata o 26 de febreiro
- Inscrición para o resto de categorías ata o 2 de marzo
- +info coas bases e os impresos de inscrición aquí: