Pasarrúas de Entroido coa charanga ACDC (Atlantic Club Domestic Charanga)
Domingo 2 de marzo do 2025 17.30 horas - Praza do Concello e rúas de Carballo Cultura

As rúas e a Praza do Concello de Carballo anímanse durante o Entroido coa Charanga ACDC. Ao comezo de 2022, un grupo de compañeiros e compañeiras que tiñan a música como a súa principal vocación, decidiron crear a Atlantic Club Domestic Charanga, máis coñecida xa como Charanga ACDC, que conta con varios membros de Carballo.
Quixeron crear unha nova charanga para a Costa da Morte e levan a festa rachada ao resto do mundo.