Inicio Carballo ao día Axenda Case mil nenos e nenas na proba de campo a...

Case mil nenos e nenas na proba de campo a través escolar

Xoves 20 de febreiro do 2025 A partir das 10.30 h - Polígono de Bértoa Deporte

O Concello de Carballo organiza unha proba deportiva escolar de campo a través con participación de 978 nenas e nenos de 11 centros de ensino: A Cristina, Artai, Bergantiños, Fogar, Gándara-Sofán e Nétoma-Razo, de Carballo; Alcalde Xosé Pichel e Bormoio-Agualada, de Coristanco; Caión e Otero Pedrayo, da Laracha, e Milladoiro, de Malpica.

A proba levarase a cabo na zona verde do polígono industrial de Bértoa, coa saída da primeira carreira ás 10:30 horas e ás 12:15 a última.

A categoría con maior inscrición é a alevín, con 244 e 201 deportistas nas categorías masculina e feminina, respectivamente, que tomarán a saída ás 11:30 h. e 11:45 h. 

As entregas de premios faranse ás 11.30, 12.00 e 12.25 horas.

Compartir:


- 2025 +
- Maio +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
25
26
27
28
29
30
31