Únete ao Reto 365: para persoas que levan Carballo dentro
Venres 14 de febreiro do 2025 12.00 a 13.00 e 17.00 a 20.00 horas - Praza do Concello

No día da Candeloria, no que casan os paxariños, o Concello de Carballo anímanos a participar nunha iniciativa ben fermosa!
Queremos reunir a persoas que levan Carballo dentro nunha iniciativa de demostración de orgullo polo noso concello e pola nosa xente. Chega o RETO 365!
O reto consiste en reunir a 365 persoas dispostas a dicirlle ao mundo que levan Carballo dentro. O día 14 de febreiro, de 12.00 a 13.00 e de 17.00 a 20.00 horas poderás achegarte a un photocall moi, moi, moi grande e moi especial de "Carballo levámolo dentro", que estará situado na Praza do Concello, e farémosche unha foto presumindo de Carballo.
As 365 fotos serán publicadas nas redes sociais do Concello de Carballo ao longo de todo un ano, para amosarlle ao mundo que temos moitos motivos para presumir de Carballo todos os días do ano.
Se levas Carballo dentro, únete ao RETO 365!