Inicio Carballo ao día Axenda "As alumnas", nova proposta teatral de...

"As alumnas", nova proposta teatral de Cultura con Forza

Venres 1 de marzo do 2024 21.00 horas - Pazo da Cultura Cultura

Dúas antigas alumnas da pedagoga galega María Barbeito atópanse na data da morte da mestra, no ano 1970. Atrás queda a infancia, o mundo que lles abriu a mestra antes de que o Comité de Depuración a afastase do seu traballo na escola.

As dúas personaxes femininas representan dous casos concretos de mulleres no marco histórico anterior e posterior á guerra civil, que nos levan a tocar as transformacións sociais do momento. A educación, como peza fundamental no desenvolvemento e na liberdade das persoas, especialmente das mulleres, como eixo fundamental da obra, As alumnas, que trae a Carballo CULTURACTIVA S. COP. GALEGA.

Este texto de Paula Carballeira foi galardoado co Premio Nacional de Literatura Dramática 2023. 
Rede Galega de Teatros e Auditorios

Intérpretes: Anabell Gago e Mónica Camaño. Texto: Paula Carballeira. Dirección: Fina Calleja Duración: 70 min | Público: Adulto | Entrada: 5 € / 3 €

Ligazóns

Compartir:


- 2024 +
- Abril +
L
M
M
X
V
S
D
1
2
4
29
30