Inicio Carballo ao día Axenda Volve o teatro con "Relato para un...

Volve o teatro con "Relato para un incendio"

Xoves 14 de decembro do 2023 20.30 horas - Pazo da Cultura Cultura

Relato para un incendio, de Ernesto Is, parte de dous sucesos verídicos acontecidos na comarca de Ordes: os estudos antropolóxicos de Gustav Henningsen en Ardemil durante a década dos 60 na procura dos últimos vestixios da bruxería en Galicia, e os incendios provocados por unha veciña de Cerceda no verán de 2016, todo umbricado co cinema de C. T. Dreyer, agromando unha conexión temática coa nosa identidade como país. A proposta escénica de aAntena, cunha decidida aposta polo teatro documento, expón con toques de humor unha revisión da figura feminina na historia recente e na nosa memoria colectiva.

Un espectáculo no que un elenco composto por tres intérpretes : Isabel Risco, Manu Fernández e Victoria Pérez, baixo a dirección de Xosé Leis, compoñen á vista da audiencia unha viaxe por eses tres eixos dos dous intelectuais daneses e a chamada “Pirómana de Cerceda”. 

Entrada de balde.

Organiza Concellaría de Cultura
Colabora Deputación da Coruña

Compartir:


- 2024 +
- Febreiro +
L
M
M
X
V
S
D