Inicio Carballo ao día Axenda Obradoiro Enreguéifate con Lupe Blanco e a...

Obradoiro Enreguéifate con Lupe Blanco e a Escola do Alprende

Venres 17 de febreiro do 2023 20.00 horas - Centro social de Oza Lingua

Casino1889, a Escola do Alprende, a Asociación Cultural Nemeth e a Asociación Cultural As Landras súmanse ao proxecto Enreguéifate! Estas catro entidades colaboran co Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Carballo para que botes a lingua a pacer nos obradoiros abertos á cidadanía que se celebrarán arredor do Entroido e nos que contaremos coa mellor regueifeira de Galicia: Lupe Blanco.

Nesta ocasión o obradoiro celebrarase no centro social de Oza a partir das 20.00 horas. O acceso é libre.

Volve o Enreguéifate a Carballo e queremos reunir máis enerxía ca nunca. Por iso convidámoste a participar e a poñer o teu gran de area para que a regueifa continúe a medrar.

Compartir:


- 2024 +
- Febreiro +
L
M
M
X
V
S
D