A Mekánica Rolling Band, na festa do Correlingua
Mércores 18 de maio do 2022 12.00 horas - Auditorio do Pazo da Cultura Lingua
Correlingua, que volve a ser este ano unha das grandes actividades arredor da lingua nos centros educativos galegos, chega a Carballo para celebrar o Día das Letras co lema Fálame!.
Concertos, obradoiros, regueifas e outras actividades arredor da lingua desenvolveranse o día 18 nesta festa para centros de ensino organizada por CIG-Ensino, AS-PG e a Mesa pola Normalización Lingüística coa colaboración das concellarías de Normalización Lingüística e Cultura e da Deputación da Coruña.
A festa celébrase no auditorio do Pazo da Cultura, coa presentación de Fran Rei e a actuación de Mekánika Rolling Band.
