Copa Primavera Cadete de baloncesto
Domingo 5 de xuño do 2016 Pavillón Vila de Noia - A partir das 10.00 h. Deporte

Os cadetes de categoría masculina do Club Baloncesto Artai xogan o domingo 5 de xuño a Copa Primavera de Baloncesto. Fano na casa coa celebración dunha nova fase en Carballo, neste caso no Pavillón Vila de Noia, e contra o CB Cambre, o Maristas e o Santa María do Mar, estes dous últimos da Coruña.
Xogaranse as semifinais pola mañá ás 10.00 e 12.00 horas co Artai abrindo a fase ás 10.00 h. contra o Santa María do Mar. A final está prevista para as 17.00 horas entre os equipos gañadores das semifinais da mañá e a entrega de premios está prevista para as 18.30 horas.