Inicio Carballo ao día Axenda "Campeones" nas Noites de Cine do...

"Campeones" nas Noites de Cine do Xardín Municipal

Mércores 17 de xullo do 2019 22:30 horas - Xardín Municipal Cultura

O ciclo Noites de Cine chega ao Xardín Municipal coa proxección dunha película que logrou emocionar aos espectadores de todo país cos valores que transmite. Honestidade, respecto, humor e tenrura son as claves do éxito de "Campeones", unha comedia dramática dirixida por Javier Fesser, que logrou tres estatuillas na pasada edición dos Premios Goya ao Mellor Actor Revelación (Jesús Vidal), Mellor Canción Orixinal (Coque Malla) e Mellor Película, ademais de representar a España na 91ª edición dos Premios Óscar na categoría a mellor película en lingua estranxeira. 

Inspirada na historia do equipo de baloncesto Aderes Burjassot, formado por persoas con discapacidade intelectual e gañador de doce campionatos de España entre 1999 e 2014, narra a historia de superación, esforzo e amizade dos integrantes de "Los Amigos", un club formado por deportistas con diferentes (dis)capacidades, e a súa relación co seu novo entrenador. Unha lección de vida para ver e aprender. Non a perdas!

Público: Todos os públicos
Duración: 124'
Organiza: Concellaría de Cultura
Colabora: Deputación da Coruña

Compartir:


- 2024 +
- Decembro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
 
 
30
31