Inicio Carballo ao día Axenda Teatro, música e danza coa...

Teatro, música e danza coa compañía Ghazafelhos e "a máquina do tempo"

Xoves 11 de abril do 2019 18:00 horas - Biblioteca Rego da Balsa Cultura

A compañía Teatro Ghazafelhos regresa a Carballo con "A máquina do tempo", un espectáculo que conxuga música, teatro e danza para ofrecernos unha sorprendente e moi divertida viaxe pola historia da humanidade, a través de todas as civilizacións.

Sinopse:
A doutora Mo e o seu axudante Pe logran construír unha máquina do tempo coa que nos amosarán a verdadeira historia das civilizacións mandando a Pe e a "algún voluntario ou voluntaria" a distintas épocas da nosa historia. Queres ser ti un/ha deles/as? Pois non te perdas esta proposta que nos achega a XIV Semana do Libro e Lectura. E non esuqezas recoller o teu convite uns días antes na biblioteca.

Público: Infantil e familiar
Entrada: Libre e de balde (recoméndase recoller convite na biblioteca)
Organiza: Asociación Socio-Pedagóxica Galega (ASPG) e Concello de Carballo
Patrocina: Fundación Luís Calvo Sanz

Compartir:


- 2025 +
- Maio +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
25
26
27
28
29
30
31