Baile de Nadal para maiores co Dúo Horizonte
Domingo 23 de decembro do 2018 18 a 21 horas - 2º andar Pazo da Cultura

Queres comezar o Nadal con bo ritmo? Pois achégate a desfrutar dos bailes para maiores que organiza a Concellería de Terceira Idade de Carballo. O próximo domingo, o Dúo Horizonte será o encargado de poñer música a unha tarde na que ademais celebraremos a chegada destas datas tan especiais. Non o podes perder!