Inicio Carballo ao día Axenda Visita guiada polos murais do Rexenera

Visita guiada polos murais do Rexenera

Domingo 3 de xuño do 2018 Ás 17:00 horas - Forum Carballo Cultura

A 4ª edición do Rexenera Fest non podía ter mellor remate! O domingo pola tarde, todas as persoas que o desexen poderán participar nun roteiro guiado polos diferentes murais que protagonizaron o festival deste ano así como os dos tres anteriores.

Técnicos municipais e algúns dos propios autores acompañarán os asistentes nunha visita na que se dará a coñecer o contido das obras expostas e algunhas curiosidades sobre os murais que enchen de cor e creatividade moitas das rúas do noso municipio. Toma boa nota da cita porque ademais a asistencia é totalmente gratuíta. Vémonos na rúa!

Compartir:


- 2025 +
- Maio +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
25
26
27
28
29
30
31