Obradoiro sobre o "Descubrimento da disciplina positiva" con Apego
Xoves 10 de maio do 2018 Ás 18:00 horas - Pazo da Cultura Lingua
Dentro do programa de actividades con Apego, o Concello de Carballo organiza un obradoiro para nais e pais sobre o Descubrimento da disciplina positiva, que será impartido por Raquel Bello, psicóloga e guía en disciplina positiva de Espazo Oikos. Nel poderán participar ata un máximo de 30 persoas. O prazo de inscrición xa está aberto e as persoas interesadas deberán anotarse no Servizo de Normalización Lingüística (SNL).
Entre os principais obxectivos desta metodoloxía figura aprender a centrarse nas solucións e non no castigo, e conseguir educar con firmeza e cariño á vez, baseándose no respecto mutuo. Ademais, na charla interactuarase coas persoas participantes para amosar os recursos que han de poñerse en práctica para evitar berros e castigos e adquirir novas habilidades para a vida.
Participación: Pais e nais
Entrada: Libre e de balde. Inscrición previa no SLN
Organiza: Servizo de Normalización Lingüística