Participación veciñal

Participación veciñal

[Casa do Concello]
Praza do Concello, s/n
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 700     
Fax: 981 702 858
secretarioalcaldia@carballo.gal

Nova sesión infantil de animación á lecto-escritura en francés

Sábado 29 de febreiro do 2020 12.00 horas - Biblioteca Rego da Balsa

Este sábado despedimos o mes na Biblioteca Rego da Balsa cunha nova sesión de animación á lecto-escritura en francés dirixida a nenos e nenas de 6 a 9 anos de idade. Para participar nesta actividade, organizada pola asociación de Irmanamento con L'Isle Jourdain en colaboración co Concello de Carballo, é preciso inscribirse previamente na biblio. Anímate e participa!

E ademais...

E o público adulto tamén poderá desfrutar este sábado, ás 11.00 horas, dun novo encontro do Club de Lectura Francófono do 2020, o segundo no que vai de ano. Nesta ocasión, os e as asistentes conversarán sobre a novela "Le coeur à rire et à pleurer" (Corazón que ri, corazón que chora), de Maryse Condé. En caso de aínda non te atrevas co francés, podes realizar a lectura en castelán ou galego e acudir á xuntanza para dar a túa impresión sobre o libro. Apúntaste?  

Organiza: Asociación Irmanamento L'Isle Jourdain 
Colabora: Concello de Carballo

Compartir: