Participación veciñal

Participación veciñal

[Casa do Concello]
Praza do Concello, s/n
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 700     
Fax: 981 702 858
secretarioalcaldia@carballo.gal

Ver localización

Estratexia de mellora e xestión do espazo público

Obxecto do estudo

A vila de Carballo está a experimentar nos últimos anos un proceso de transformación do seu espazo público por medio da realización de actuacións concretas que pretenden mellorar a calidade de vida dos cidadáns e solucionar os problemas de mobilidade, accesibilidade e seguridade existentes.
Entre as accións que se van concretar no proceso pódense destacar:

  • Recuperación-creación dun espazo público cualificado e de calidade.
  • Racionalización na utilización do automóbil privado.
  • Redución das emisións de gases contaminantes e contaminación acústica.
  • Acougado do tráfico e mellora da seguridade de peóns e ciclistas.
  • Potenciació ndas formas de mobilidade sustentable: peón, bicicleta.
  • Creación de redes funcionais no termo municipal para peóns e ciclistas.
  • Previsión de áreas de aparcamento de proximidade.
  • Durante todo o proxecto terase en conta o seu carácter transversal e a importancia que terá no seu desenvolvemento a participación cidadá.

Fases do traballo

  • FASE I: Análise da situación Actual - Traballos de Campo
  • FASE II: Formación de grupos de traballo - Diagnóstico participado
  • FASE III: Propostas de Actuación - Mellora do espazo público, medio ambiente, mobilidade e accesibilidade
  • FASE IV: Traballo colaborativo - Incorporación de propostas participadas / Divulgación
  • FASE V: Seguimento e control da estratexia - Definición de Indicadores/ Mellora continua

Fase II: Debate e recollida de opinións e propostas de actuación

En xeral, os obxectivos dos talleres son:

  • Intercambiar coñecementos, opinións e ideas
  • Crear unha visión conxunta de futuro, seguindo un planteamento de sostenibilidade ambiental, económica e social; 
  • Identificar e discutir as principais barreiras para pautas sustentables de vida urbana
  • Xerar novas ideas e directrices para futuras accións, políticas e iniciativas; 
  • Potenciar un debate público sobre pautas sustentables de vida urbana nun futuro próximo. 
O resultado será o Diagnóstico participado, ao que se incorporarán aquelas valoracións que proveñan doutras interaccións do proceso participativo (enquisas, etc.).

Ligazóns

Descargas

Compartir: