Participación veciñal

Participación veciñal

[Casa do Concello]
Praza do Concello, s/n
15100 - Carballo
Teléfono: 981 704 700     
Fax: 981 702 858
secretarioalcaldia@carballo.gal

O 8º "Outono en marcha" de Senda Nova chega á Laracha cun roteiro polas capelas

Domingo 20 de outubro do 2019 08:15 horas - Rúa Venezuela

Polo interior máis profundo do Concello de A Laracha, esténdese a parroquia de Montemaior, a única pola que transcorre unha ruta salpicada de capelas. Incluídas en fermosas paraxes de silencio, en moitas delas afloran lendas que aínda latexan cultos precristiáns. No centro do percorrido, está o curtidoiro de Cumiáns, un espazo de agradable rehabilitación que data do ano 1852.

Dificultade: media. 16 kms
Saída: Concello de A Laracha (08:30 h)/ Concello de Carballo: R/ Venezuela, ás 08:15 h

Máis información e inscrición en  www.sendanova.org e no teléfono 611 037 617.

Organiza:
Asociación ambiental Senda Nova 
Colabora: Concello de Carballo, Concello de A Laracha, Agrup. Voluntarios Protección Civil

Compartir: