Inicio Carballo ao día Hemeroteca


Formulario de busca
O Concello asinará un convenio para o funcionamento do Centro de Información á Muller

MULLER

O Concello asinará un convenio para o funcionamento do Centro de Información á Muller

Venres 22 de setembro do 2006

A Casa do Concello acolle este martes, 26 de setembro, a sinatura dun convenio de todos os concellos das comarcas de Bergantiños e Fisterra co Servicio Galego de Igualdade. O acto terá lugar ás 17,00 horas no Concello de Carballo e está prevista a asistencia dos rexedores locais da comarca, ademáis de Ana Luisa Bouza, directora do Servizo Galego de Promoción da Igualdade do Home e da Muller. Os convenios servirán para favorecer o funcionamento dos Centros de Información á Muller.

As fortes rachas de vento provocan varios incidentes no concello

BALANCE

As fortes rachas de vento provocan varios incidentes no concello

Xoves 21 de setembro do 2006

O forte temporal de vento, que viviu a súa máxima intensidade á primeira hora de mañán, ven de deixar no concello numerosos incidentes que, afortunadamente, non supuxeron desgracias persoais. Protección Civil recibiu durante toda a mañán preto duns 50 avisos e as rachas de vento provocaron a retirada dunha treintena de árbores das estradas, varios colectores, canelóns e vallas de obra caídas e pezas de tellado que, incluso, crearon algún desperfecto en vehículos estacionados na rúa.

Pospsota até o venres a cúpula inchable de R para promover as novas tecnoloxías

TECNOLOXÍA

Pospsota até o venres a cúpula inchable de R para promover as novas tecnoloxías

Xoves 21 de setembro do 2006

A acción da cúpula inchable do operador galego de comunicacións por fibra óptica R, que alberga actividades didácticas, xogos e entretemento, comezará a funcionar o venres, 22 de setembro, e non este xoves como estaba previsto. A incidencia do temporal de vento e choiva impediu que o inchabe se puidera montar no día de hoxe. O obxectivo do mesmo e o de lles achegar a Sociedade da Información a persoas de todas as idades. A cúpula xigante de R, que se instalará esta tarde na chaira de San Martiño, permanecerá aberta ao público até o luns 25 de setembro, de 11,00 a 14,00 h e de 17,30 h a 21,00 h.

Carballo acolle a cúpula inchable de R para promover as novas tecnoloxías

TECNOLOXÍA

Carballo acolle a cúpula inchable de R para promover as novas tecnoloxías

Mércores 20 de setembro do 2006

R , o operador galego de comunicacións por fibra óptica, escolleu ao municipio de Carballo para continuar coa súa acción da cúpula inchable que alberga actividades didácticas, xogos e entretemento co obxectivo de lles achegar a Sociedade da Información a persoas de todas as idades. A cúpula xigante de R, instalada na chaira de San Martiño, permanecerá aberta ao público dende mañá xoves ata o domingo 24 de setembro, de 11,00 a 14,00 h e de 17,30 h a 21,00 h.

A comisión informativa de Urbanismo informa sobre os traballos de revisión do PXOM

CONVOCATORIA

A comisión informativa de Urbanismo informa sobre os traballos de revisión do PXOM

Mércores 20 de setembro do 2006

Esta tarde de mércores reúnense as comisión informativas de Acción Social, Participación e Persoal, de Asuntos Económicos e Especial de Contas e a de Urbanismo e Desenvolvemento. Nesta última, que comezará ás 19,15 horas, informarase sobre os traballos de revisión do Plan Xeral de Ordenación Municipal, ademáis de abordar os cambios de sistema de actuación nos polígonos 27 e 45.

Aprobados os Padróns do Imposto sobre Actividades Económicas, Bens Inmobles Rústicos e Bens Inmobles Urbanos

FACENDA

Aprobados os Padróns do Imposto sobre Actividades Económicas, Bens Inmobles Rústicos e Bens Inmobles Urbanos

Mércores 20 de setembro do 2006

O Concello de Carballo, na sesión ordinaria da Xunta de Goberno Local celebrada o día 4 de setembro de 2006, aprobou o Padrón anual de Imposto sobre Actividades Económicas, o Padrón do Imposto sobre Bens Inmobles Rústicos e o Padrón do Imposto sobre Bens Inmobles Urbanos ou de características especiais. O importe total dos Padróns postos ao cobro ascende a 3.231.079,23 euros. Os devanditos Padróns estarán a disposición dos contribuintes expostos ao público por un prazo de un mes, contados a partires da inserción do anuncio da súa aprobación no Boletín Oficial da Provincia. Durante o devandito prazo, os interesados poderán comprobar a exactitude dos seus datos no Servizo de Xestión e Inspección Tributaria do Concello.

Aberto o prazo para participar do Programa de Exercicio Físico para Maiores

PROGRAMACIÓN DEPORTIVA

Aberto o prazo para participar do Programa de Exercicio Físico para Maiores

Martes 19 de setembro do 2006

A Xunta de Goberno local ven de aprobar, na súa última sesión, o Programa de Exercicio Físico para Maiores organizado polo Concello de Carballo para o curso 2006/2007. Trátase dun programa de 3 sesións semanais de exercicio físico de entre 30 e 45 minutos destinado a persoas maiores de 60 anos.

Un grupo de intercambio visita a Férveda de Entrecruces

MEDIO AMBIENTE

Un grupo de intercambio visita a Férveda de Entrecruces

Martes 19 de setembro do 2006

Un curso de intercambio para novos formadores, de 22 persoas, visitará este mércores, 20 de setembro, a Férveda de Entrecurces. O alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, e o concelleiro de Medio Ambiente, Manuel Pan, oficiarán unha recepción ao grupo na propia férveda, sobre as 13,30 horas.

Comezan as obras de acondicionamento do Local Social de Berdillo

OBRAS

Comezan as obras de acondicionamento do Local Social de Berdillo

Martes 19 de setembro do 2006

Este mércores, 20 de setembro, comezarán as obras de acondicionamento do Local Social de Berdillo. Os traballos do proxecto básico e de execución, nas súas tres fases, veñen de ser adxudicadas por importe de 232.913’92 euros. A adxudicación das obras sucedeu á sinatura do convenio de cooperación cultural entre a Xunta de Galicia e o Concello de Carballo, polo que a Consellería de Cultura achega a cantidade de 115.843 euros ao Concello para as obras. O alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, e a delegada provincial de Cultura e Deportes, Milagres Lantes, visitarán o inicio dos traballos ás 09,30 horas.

O Concello promove a realización dun Curso de Atención á Infancia

MULLER

O Concello promove a realización dun Curso de Atención á Infancia

Luns 18 de setembro do 2006

A Concellería de Muller, en colaboración co SEGAE e con axuda do Fondo Social Europeo, ven de abrir o prazo para participar dun Curso de Atención á Infancia, dirixido a mulleres desempregadas. O curso é de 200 horas, consta de 15 prazas, e é necesario o graduado escolar para participar do mesmo. O prazo estará aberto toda a semana e, no caso de haber máis solicitudes que prazas, celebrarase un sorteo a vindeira semana.

Comezan as charlas informativas sobre as medidas relativas á prevención de incendios forestais

MEDIO RURAL

Comezan as charlas informativas sobre as medidas relativas á prevención de incendios forestais

Luns 18 de setembro do 2006

Este martes, 19 de setembro, comezarán na Escola de Cances as charlas informativas para a aplicación do recentemente aprobado pola Xunta de Galicia Decreto 105/2006, polo que se regulan medidas relativas á prevención de incendios forestais. Serán en total seis actos noutras tantas parroquias do término municipal, dirixidas a poboacións concretas do concello. As charlas serán impartidas por técnicos da consellería de Medio Rural e comezarán ás 21,00 horas.

Compartir: