Inicio Carballo ao día Hemeroteca


Formulario de busca
O Museo de Bergantiños acolle a inauguración da exposición ‘Eles e nós’

CULTURA

O Museo de Bergantiños acolle a inauguración da exposición ‘Eles e nós’

Mércores 4 de outubro do 2006

O alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, presidirá este mércores, 4 de outubro, a inauguración da exposición Eles e nós. Rostros da guerra civil, no Museo de Bergantiños. O acto comezará ás 20,00 horas e no mesmo estarán presentes a concelleira de Cultura, Belén Lendoiro, a fotógrafa Sofía Moro, o Comisario do Festival de fotografía Olladas’06, Xurxo Lobato e o Presidente da Comisión de Cultura da Deputación da Coruña, Celestino Poza. A mostra poderá visitarse até o día 4 de novembro.

O Grumir atendeu 70 emerxencias durante o mes de setembro

BALANCE MENSUAL

O Grumir atendeu 70 emerxencias durante o mes de setembro

Mércores 4 de outubro do 2006

O Grupo Municipal de Intervención Rápida de Carballo tivo que participar en 70 emerxencias durante o pasado mes de setembro, que arroxou un total de 173 intervencións. O incremento nas actuacións debeuse, en boa medida, ás xeradas polo temporal Gordon, que provocou un total de 57 emerxencias, 3 en colaboración co Parque de Bombeiros, no concello.

O Proxecto Ríos continúa a súa Campaña de Outono cunha presentación no Concello

MEDIO AMBIENTE

O Proxecto Ríos continúa a súa Campaña de Outono cunha presentación no Concello

Mércores 4 de outubro do 2006

O Proxecto Ríos levará a cabo o vindeiro venres, 6 de outubro, unha presentación no Concello de Carballo, co obxectivo de achegar á poboación as actividades de voluntariado relacionadas cos ecosistemas fluviais, así como a posibilidade de formar grupos de voluntariado activos no ámbito municipal. O acto terá lugar no Salón de Plenos e o seu comezo está fixado para as 20,00 horas.

Remata o prazo de matrícula na Escola Oficial de Idiomas

ENSINO

Remata o prazo de matrícula na Escola Oficial de Idiomas

Martes 3 de outubro do 2006

Logo de rematar o segundo prazo de preinscripción na Escola Oficial de Idiomas de Carballo para os alumnos que queiran matricularse en primeiro por primeira vez, o vindeiro xoves, 5 de outubro, remata o prazo de matrícula para o vindeiro curso.

O Pazo da Cultura acolle a celebración do Curso de Atención á Infancia

MULLER

O Pazo da Cultura acolle a celebración do Curso de Atención á Infancia

Martes 3 de outubro do 2006

A Concellería de Muller, en colaboración co Servicio Galego de Igualdade e con axuda do Fondo Social Europeo, ven de comezar o Curso de Atención á Infancia, no que participan 20 mulleres, e que se prolongará até o 15 de novembro. O curso consta de 200 horas, celébrase no Pazo da Cultura, e o prazo para participar do mesmo está xa pechado.

O Concello celebrou unha nova xuntanza cos afectados pola explosión da pirotecnia Calvo

XUSTIZA

O Concello celebrou unha nova xuntanza cos afectados pola explosión da pirotecnia Calvo

Martes 3 de outubro do 2006

Máis de vinte dos 59 afectados do concello de Carballo pola explosión da pirotecnia Calvo formalizaron a demanda contra a empresa para reclamar polos danos ocasionados. Así quedou de manifesto na xuntanza celebrada no Local Social de Silván, na que estiveron presentes, ademáis dos afectados, os alcaldes de Carballo e Coristanco. A mesma convocouse para formalizar a demanda contra a empresa pirotécnica.

Aberto o prazo de inscricción para os concuros incluidos na programación do FIOT

CULTURA

Aberto o prazo de inscricción para os concuros incluidos na programación do FIOT

Luns 2 de outubro do 2006

A organización do Festival Internacional Outono de teatro abriu os prazos de inscrición para o VI Concurso Escolar Teatro Lido ‘Xosé Manuel Eirís’ e o VI Certame Galego de Dramatización de Monólogos Cómicos. As inscricións pódense facer no Pazo da Cultura, no Rexistro Xeral do Concello, no Rexistro Auxiliar de Cultura ou por fax, no 981704302.

Adxudicada a obra pendente de execución no camiño rural Taboada-Souto Grande de Entrecruces

XUNTA DE GOBERNO LOCAL

Adxudicada a obra pendente de execución no camiño rural Taboada-Souto Grande de Entrecruces

Luns 2 de outubro do 2006

A Xunta de Goberno Local ven de resolver, na súa última sesión, o contrato de execución das obras incluidas no proxecto Mellora de capa de rodadura do camiño rural Taboada-Souto Grande, da parroquia de Entrecruces, arobar a certificación primeira da obra e adxudicar, na parte aínda non executada, dita obra. O prezo de adxudicación da obra pendente de executar é de 40.317,09 euros.

Tramitadas 550 licenzas para a construción de vivendas no terceiro trimestre de 2006

CONSTRUCCIÓN

Tramitadas 550 licenzas para a construción de vivendas no terceiro trimestre de 2006

Luns 2 de outubro do 2006

O terceiro trimestre do ano 2006 segue a confirmar a alza espectacular na tramitación de licenzas para a construción de vivendas en Carballo. No núcleo urbano tramitáronse licenzas para a construción de bloques de edificios para 509 vivendas, 200 máis que no segundo semestre. Nas zonas de núcleos rurais tamén aumentan as solicitudes de licenzas, cun total de 41 para vivendas unifamiliares. No que vai de ano 2006 tramitáronse licenzas para 918 vivendas en bloques de edificios no núcleo urbano e 89 vivendas unifamiliares nas zonas de núcleos rurais.

O Pazo da Cultura acolle a presentación da Asociación de Empresarias de A Coruña

MULLER

O Pazo da Cultura acolle a presentación da Asociación de Empresarias de A Coruña

Venres 29 de setembro do 2006

O vindeiro luns, 2 de outubro, terá lugar no Pazo da Cultura unha presentación da Asociación de Empresarias de A Coruña -AECO- na que a súa presidenta, Ángeles de la Iglesia Daviña, acompañada polo alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, pretende incentivar a creación de distintas Asociacións Comarcais que, á súa vez, se integren na Federación Provincial. O acto terá lugar a partir das 21,00 horas.

Política Territorial investirá 600.000 euros na estrada AC-402 este ano

OBRAS

Política Territorial investirá 600.000 euros na estrada AC-402 este ano

Venres 29 de setembro do 2006

O delegado provincial de Política Territorial ven de confirmar ao alcalde de Carballo a inversión de 600.000 euros para a mellora da estrada AC-402, que une as localidades de Santa Comba e A Silva, no que resta de ano 2006. A partida englóbase nunha total de 3.000.000 de euros que o departamento autonómico achegará para o tratamento integral da vía durante o vindeiro ano. A actuación contempla unha capa de aglomerado en toda a vía, ademáis do ensanche da mesma, nas zonas en que sea viable facelo.

Remata no Museo de Bergantiños a exposición ‘Xaquín Marín, 50 anos en liña’

CULTURA

Remata no Museo de Bergantiños a exposición ‘Xaquín Marín, 50 anos en liña’

Xoves 28 de setembro do 2006

Este sábado, 30 de setembro, remata no Museo de Bergantiños a exposición Xaquín Marín , que permaneceu no mesmo desde o 8 de setembro. A mostra forma parte da programación de exposicións do Museo e Bergantiños para este mes e contén arredor de 70 debuxos e algún lenzo que fan un percorrido pola extensa obra deste artista galego.

Compartir: