Inicio Carballo ao día Hemeroteca


Formulario de busca
Industria anuncia a mellora do suministro eléctrico no lugar de Alborín

INDUSTRIA

Industria anuncia a mellora do suministro eléctrico no lugar de Alborín

Mércores 23 de maio do 2007

A delegación provincial de Industria ven de comunicar ao Concello de Carballo a mellora do suministro eléctrico no lugar de Alborín, na parroquia de Rus, a raíz da reclamación presentada polo Concello ante a empresa UDESA e a propia delegación provincial. Segundo informa Industria, a empresa presentou o pasado mes de abril o proxecto de Liña de Media Tensión, Centro de Transformación e Rede de Baixa Tensión para Alborín e solicitou a autorización administrativa e a aprobación do mesmo.

Presentado o partido que enfrentará ás seleccións española e portuguesa de balonmán feminino en Carballo

DEPORTE

Presentado o partido que enfrentará ás seleccións española e portuguesa de balonmán feminino en Carballo

Mércores 23 de maio do 2007

A Casa do Concello acolleu este mércores, 23 de maio, a presentación do partido amistoso que enfrentará ás seleccións de España e Portugal o vindeiro venres, no Pavillón Vila de Noia, a partir das 20,30 horas. O encontro serviralle ao combinado nacional de preparación para a eliminatoria que disputará fronte a Turquía, clasificatorio para o Campionato de Europa. A entrada ao partido será gratuita. A organización do evento corre a cargo do Padroado Deportivo Municipal de Carballo e colabora a Federación Galega de Balonmán e as Escolas de Balonmán XIRIA de Carballo.

CarballoeSMáS permitirá coñecer os resultados electorais municipais a través do móbil

NOVAS TECNOLOXÍAS

CarballoeSMáS permitirá coñecer os resultados electorais municipais a través do móbil

Martes 22 de maio do 2007

O novo servizo de comunicación do Concello de Carballo, CarballoeSMáS, permitirá coñecer o vindeiro domingo, 27 de maio, os datos de participación e resultados electorais municipais. Aquelas persoas que se den de alta no servizo recibirán ao longo do día información sobre o índice de participación (ás 14.00 horas e 18,00 horas), ademáis dos resultados co escrutinio entre o 60-80% e o escrutinio ó 100% (resultados definitivos). O Concello dispón do número 981090070, co que se poñerá en contacto coa cidadanía e viceversa.

O Concello informa sobre a lei de Promoción de Autonomía Persoal

SERVIZOS SOCIAIS

O Concello informa sobre a lei de Promoción de Autonomía Persoal

Martes 22 de maio do 2007

Os Servizos Sociais do Concello de Carballo están a atender a presentación de solicitudes e prestando información sobre a lei de Promoción de Autonomía Persoal e Atención ás Persoas en Situación de Dependencia. A lei entrou en vigor o pasado mes de xaneiro e, desde o pasado día 7 de maio, están a presentarse en toda Galicia as solicitudes para a súa valoración. Esta lei establece diferentes axudas para persoas con algún grado de dependencia e, nun primeiro momento, estase a valorar o grado de dependencia en virtude da solicitude presentada polo usuario.

Finalizou o prazo para participar na creación do blog ‘En-Blogad@s con Carballo’

NOVAS TECNOLOXÍAS

Finalizou o prazo para participar na creación do blog ‘En-Blogad@s con Carballo’

Luns 21 de maio do 2007

A Rede de Dinamizadores da Sociedade da Información da Consellería de Innovación e Industria, no Concello de Carballo, dará comezo ao obradoiro de creación de Blogs para a xuventude, En-Blogad@s con Carballo, mañá martes 22 de maio,ás 18,00 horas na Aula de Informática (Antigas Escolas do Xardín), logo de rematar o prazo de inscrición ás 13,00 horas de hoxe luns.

A música será protagonista nos actos que pecharán o Programa das Letras

CULTURA

A música será protagonista nos actos que pecharán o Programa das Letras

Luns 21 de maio do 2007

O Programa das Letras do Concello de Carballo achegará o vindeiro sábado, 26 de maio, un concerto de música gospel ao Pazo da Cultura. O espectáculo, previsto para as 21,00 horas, está organizado polas Igrexas Evanxélicas de Vigo e abrirá os actos incluídos no programa para a ultima semana do mes de maio. A música será a protagonista desas datas, xa que está prevista a celebración de catro novos concertos máis.

Adxudicados dous novos expedientes de contratación de dúas obras incluídas no Plan de Cooperación ás Obras e Servizos

XUNTA DE GOBERNO LOCAL

Adxudicados dous novos expedientes de contratación de dúas obras incluídas no Plan de Cooperación ás Obras e Servizos

Luns 21 de maio do 2007

A Xunta de Goberno Local de Carballo deu o visto bo, na sesión estraordinaria celebrada este luns, á adxudicación dos expedientes de contratación de dúas obras incluídas no Plan Provincial de Cooperación as Obras e Servizos de Competencia Municipal e Rede Viaria Local 2007. Son a Depuradora en Rebordelos, parroquia de Rebordelos e Rede de saneamento e depuradora en Castrillón, parroquia de Lema. Estes expedientes suceden aos últimos cinco aprobados pola Xunta de Goberno Local, referentes ao Afirmado de camiño de Canelas a Loureiros, do camiño de Altiboa a Barbalde, de camiños en Fontecaldeira e Regadeo, a pavimentación de pistas en Castrillón e Cambre e o reforzo de firme en camiño a Aldemunde.

O Programa das Letras continúa logo da celebración do 17 de maio

CULTURA

O Programa das Letras continúa logo da celebración do 17 de maio

Venres 18 de maio do 2007

A caricia da serpe, un concerto poético que contará coa participación de Lino Braxe, continúa hoxe venres co Programa das Letras do Concello de Carballo. Logo da celebración do Día das Letras Galegas, no que se desenvolveron varias actividades como o maratón de lectura Oito horas lendo, a programación continuará durante todo o mes de maio. A caricia da serpe poderá visionarse, a partir das 21,00 horas, no Pazo da Cultura. A entrada para acudir á actividade é libre.

A Xunta de Goberno Local reúnese o vindeiro luns en sesión extraordinaria

CONVOCATORIA

A Xunta de Goberno Local reúnese o vindeiro luns en sesión extraordinaria

Venres 18 de maio do 2007

A Xunta de Goberno Local de Carballo reunirase o vindeiro luns, 21 de maio, en sesión extraordinaria. A xuntanza comezará ás 13,30 horas e, na orde do día, figura a adxudicación dos expedientes de contratación de dúas obras incluídas no Plan Provincial de Cooperación as Obras e Servizos de Competencia Municipal e Rede Viaria Local 2007. Son a Depuradora en Rebordelos, parroquia de Rebordelos e Rede de saneamento e depuradora en Castrillón, parroquia de Lema.

A selección española de balonmán feminino xogará un partido de preparación en Carballo

DEPORTE

A selección española de balonmán feminino xogará un partido de preparación en Carballo

Mércores 16 de maio do 2007

O Pavillón Vila de Noia acollerá o vindeiro venres, 25 de maio, a celebración dun partido amistoso preparatorio para as eliminatorias que disputará a selección española de balonmán contra a selección de Turquía, clasificatorio para o Europeo. O rival do combinado nacional será o de Portugal, partido que se xogará a partir das 20:30 horas.

A Brigada de Medio Ambiente procede á limpeza das marxes do río Anllóns

MEDIO AMBIENTE

A Brigada de Medio Ambiente procede á limpeza das marxes do río Anllóns

Mércores 16 de maio do 2007

A Brigada de Medio Ambiente do Concello de Carballo procede estes días a limpeza das marxes do río Anllóns desde a Estación de Autobuses até o Bosque do Añón. O acondicionamento deste espazo responde á necesidade de curtar a herba e permitir aos viandantes que disfruten do paseo nas mellores condicións.

Pintura, música e literatura, protagonistas dos actos a desenvolver o día das Letras Galegas

CULTURA

Pintura, música e literatura, protagonistas dos actos a desenvolver o día das Letras Galegas

Mércores 16 de maio do 2007

Con motivo da celebración do día das Letras Galegas, este xoves 17 de maio, o Concello de Carballo programou varios actos a desenvolver durante toda a xornada para conmemorar esta data. Como xa é costume e tradición, o maratón de lectura Oito horas lendo, a celebrar no Xardín Municipal de 11,30 a 19,00 horas, será un dos actos principais da festividade. Os interesados en participar do mesmo poden inscribirse no Pazo da Cultura ou no número de teléfono 981 704 300. O maratón contará coa actuación da Banda Municipal de Gaitas e sucederá ao tamén tradicional Concurso Infantil de Pintura, a desenvolver na Praza do Concello a partir das 11,00 horas.

Compartir: