Inicio Carballo ao día Hemeroteca Últimos días para participar do IX...

CULTURA

Últimos días para participar do IX Certame Fotográfico Xosé Manuel Eirís

Xoves 26 de outubro do 2006

As obras deberán ter un formato comprendido entre 18 x 24 como mínimo e 30 x 40 como máximo. Irán montadas sobre cartón pluma ou soporte similar do mesmo tamaño da fotografía. A dotación total do premio é de 1.600 euros, establecéndose un primeiro premio de 600 euros e diploma, un segundo de 400 e diploma e o Premio Especial Carballo, dotado con 400 euros e diploma, á mellor fotografía que faga referencia directa ao municipio de Carballo en calquera dos seus aspectos. O xurado poderá conceder accésits por un importe de 200 euros. As obras presentadasao certame estarán asinadas cun pseudónimo e non poderá figurar nelas ningún nome nin referencia ao autor ou autora. Pola parte traseira do soporte de fotografía figurará o título da obra, as referencias do lugar onde foi tomada e a data na que se realizou, ademáis das teécnicas empregadas e, so o autor o considera preciso, indicará a verticalidade ou horizontalidade da imaxe fotografiada. Indicarase se a obra tamén se presenta ao Premio Especial Carballo. Cada traballo deberá ir acompañado dun sobre pechado que se pegará na parte traseira da fotografía e que conterá no seu interior o nome completo do outor ou autora, enderezo, teléfono, pseudónimo utilizado e título da obra presentada. Na parte externa do sobre figurará o nome da fotografía e pseudónimo empregado. Os traballos poderán presentarse no Rexistro Xeral do Concello, no Rexistro auxiliar de Cultura ou por correo certificado en sobre pechado.

Compartir: