Inicio Carballo ao día Avisos Cortes de tráfico e modificacións...

Cortes de tráfico e modificacións nos aparcamentos ata o sábado 18 de xuño

Xoves 16 de xuño do 2022

Toma nota das modificacións no tráfico e nos aparcamentos previstas para os vindeiros días:

  • Xoves 16. A partir das 15.00 horas estará prohibido o estacionamento de vehículos no San Martiño para facilitar a montaxe das atraccións das festas.
  • Xoves 16. A partir das 15.00 horas pecharase o aparcamento da rúa Pontevedra para proceder á montaxe do escenario do festival Rockin', que se celebra este sábado.
  • Sábado 18. Durante toda a xornada estará prohibido o estacionamento na contorna do Fórum Carballo debido á celebración do Ultramaratón Costa da Morte.
  • Sábado 18. De 09.00 a 18.00 horas, corte de tráfico na rúa Vázquez de Parga para facilitar o desenvolvemento duns traballos de construción dunha obra privada.
Desculpa as molestias.

Compartir: