Inicio Carballo ao día Novas Estadías nas residencias de tempo libre

Estadías nas residencias de tempo libre

Mércores 25 de maio do 2022 Benestar

Obxecto
Convocar o procedemento de adxudicación de estadías e servizos nas residencias de tempo libre de Panxón-Nigrán (Pontevedra) e O Carballiño (Ourense), respectivamente, e adscritas á Consellería de Política Social.

Tipo de servizo
Os servizos que se prestan nestas residencias no ano 2022 comprenderán o aloxamento e o mantemento en réxime de pensión completa durante a quenda adxudicada ás persoas beneficiarias residentes, como se indica:

  1. Servizo de aloxamento: inclúe a limpeza diaria.
  2. Servizo de comedor: en réxime de pensión completa que comprende o almorzo, o xantar e a cea.
O servizo de comedor ofrece un menú único, sen prexuízo da atención de solicitudes de dietas individualizadas derivadas de prescrición médica, alerxias ou intolerancias alimentarias.

Quendas
Cada unidade familiar poderá solicitar estadías para calquera das dúas residencias de tempo libre adscritas á Consellería de Política Social e para unha ou varias quendas que se detallan no anexo III.Para os efectos desta orde, enténdese por unidade familiar a formada pola/s persoa/s adulta/s e, de ser o caso, as fillas e os fillos e persoas maiores que convivan coa persoa solicitante.  Asimesmo, terán a consideración de fillos e fillas as persoas en situación de garda con fins adoptivos e en acollemento familiar.

Documentación
  • Solicitude| Presentación electrónica na sede. Non se admitirán as solicitudes que inclúan persoas que gozaron dalgunha quenda na mesma residencia nalgunha das duas convocatorias anteriores.
  • Copia do/dos libro/s de familia ou certificación de nacemento do rexistro civil de cada unha das/dos fillas ou fillos que se beneficien da estadía.
  • Certificado de convivencia ou de empadroamento conxunto de todas as persoas integrantes da unidade familiar. Estes xustificantes deberán ter unha antigüidade máxima de 6 meses.
  • Copia do título de familia numerosa, de ser o caso, só no suposto de ser expedido por outra Administración pública.
  • Copia da resolución administrativa de garda con fins adoptivos ou acollemento familiar, de ser o caso, só no suposto de ser expedida por outra Administración pública.
  • Certificado de discapacidade das persoas solicitantes e/ou dos/das acompañantes, de ser o caso, só no suposto de ser expedido por outra Administración pública, para os efectos de aplicar os descontos previstos na normativa que regula os prezos públicos.
  • Copia do certificado de monoparentalidade, de ser o caso, só no suposto de ser expedido por outra Administración pública.
  • Documentación acreditativa da condición de vítima de violencia de xénero por calquera dos medios previstos no artigo 5 da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero.
  • Anexo II sobre comprobación de datos de terceiras persoas interesadas, de ser o caso.
Lugar de presentación
  • Preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.es Presentación electrónica na sede.
  • Nos lugares dispostos na normativa de procedemento administrativo.
  • As solicitudes dirixiranse á Xefatura Territorial de Ourense, no caso de solicitar as estadías e servizos na residencia de tempo libre do Carballiño, e á Xefatura Territorial de Vigo, no caso de solicitar as estadías e servizos na residencia de tempo libre de Panxón. Para o caso de solicitar estadías e servizos en ambas as dúas residencias, estas poderán dirixirse a calquera das anteditas xefaturas territoriais. No caso de que se soliciten estadías e servizos para ambas as residencias, resolverá a xefatura territorial correspondente á cada unha das residencias. No caso de ser admitido nas dúas residencias na mesma quenda, terase en conta a orde de preferencia indicada na solicitude.
Prazo de presentación
Dez días hábiles desde o día seguinte da publicación desta orde no DOG. Ata o 2 de xuño de 2022.

Compartir: