Inicio Carballo ao día Hemeroteca Aprobadas tres novas certificacións...

XUNTA DE GOBERNO LOCAL

Aprobadas tres novas certificacións doutras tantas obras no concello

Luns 16 de outubro do 2006

A Xunta de Goberno Local acordou, igualmente, solicitar unha subvención para a realización de estudos técnicos e para dotación de equipamentos, no marco do servizo de televisión dixital terrestre. Faino en base á Resolución do 13 de setembro de 2006 da secretaría Xeral de Comunicación, pola que se convocan subvencións aos concellos para a realización de estudos técnicos e para a dotación de equipamentos para o establecemento infraestructuras de difusión de baixa potencia en rede de frecuencia única, no marco do servizo de televisión dixital terrestre. Ademáis, deuse conta do convenio Addenda ao acordo de prórroga do Convenio de cooperación para o desenvolvemento de programas de tratamento de drogodependencias entre a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde e o Concello de Carballo. Outros dos asuntos aprobados na sesión foron a autorización de dous vaos permanentes nas rúas Vázquez de Parga e Ramón y Cajal, a aprobación do expediente de contratación da obra Proxecto de urbanización da travesía entre as rúas Pan e Lirios, elixindo como sistema de adxudicación a subhasta con procedemento aberto, e a adxudicación do expediente de contratación da obra Construcción dunha rotonda entre as rúas Sol, Santa Ana, Oriente, Vila de Negreira e Milagrosa, mediante subhasta e procedemento aberto.

Compartir: