Inicio Carballo ao día Hemeroteca A Rúa dos Contos programa unha decea de...

CULTURA

A Rúa dos Contos programa unha decea de espectáculos para os vindeiros dous días

Mércores 11 de outubro do 2006

O xoves 12 de outubro contará coas actuacións de Oswaldo, ás 23.15 horas no Mesón A Cabaña. Ricardo Barreiro, ás 23.15 horas na cafetaría Valle Inclán, e Charlie’s Angels’sex, ás 00.30 horas no pub Silfo. Ao longo de toda a noite haberá un espectáculo que percorrerá os distintos locais a cargo de Os 7 magníficos + 1.

O venres 13 de outubro actuará Yoni Mediogramo en O Patacón, ás 21.00 horas, Peter Punk fará o propio no pub La Tentación, a partir das 22.10 horas, Paco Fernández estará no pub La Reserva ás 23.20 horas, Detour na cafetaría Colón ás 00.30 horas e o espectáculo Dame más, Samanta poderá verse no Silfo a partir da 1.40 horas. Tamén durante toda a noite haberá animación urbana a cargo de El Excéntrico, que se poderá ver nas rúas e locais da Rúa dos Contos.

Compartir: